Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42634

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade do Salnés

ANUNCIO de aprobación das bases e da convocatoria de prazas, mediante concurso-oposición, no marco de procesos de consolidación e estabilización de emprego.

Mediante a Resolución de Presidencia, do 29 de agosto de 2018, aprobáronse as bases e a convocatoria das seguintes prazas para a Mancomunidade do Salnés, mediante sistema de concurso-oposición, no marco dos seguintes procesos:

Proceso de consolidación de emprego:

Persoal laboral:

Núm. vacantes

Denominación

Categoría profesional

Grupo cotización

1

Técnico emprego/proxectos subvencionados

Técnico

0,1

1

Administrativo

Administrativo

0,5

Proceso de estabilización de emprego:

Persoal laboral:

Núm. vacantes

Denominación

Categoría profesional

Grupo cotización

1

Técnico turismo/proxectos subvencionados

Técnico

0,1

No Boletín Oficial da provincia núm. 175, do 11 de setembro de 2018, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, das prazas arriba indicadas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios da Mancomunidade. Así mesmo, quedará á disposición dos interesados na páxina web desta mancomunidade (https://www.osalnes.com).

Cambados, 11 de setembro de 2018

Gonzalo Durán Hermida
Presidente