Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración, instalación e posta en funcionamento dunha plataforma de información ambiental nos parques naturais de Galicia (expediente AMT-2018-0006).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: este procedemento ten como obxecto a contratación da subministración, instalación e posta en funcionamento dunha plataforma de información (sistema de carteleira dixital) ambiental nos parques naturais de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 10.1.2018.

BOE: 18.1.2018.

DOUE: 6.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 495.867,77 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 495.867,77 € máis 104.132,23 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 600.000,00 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020; obxectivo temático 2 «Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas»; prioridade de investimento 2.3 «O reforzo das aplicacións das TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica»; obxectivo específico 2.3.1 «Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saúde»; liña de actuación 2.3.1.6 «Modernización da xestión e vertebración do territorio».

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 2.8.2018.

c) Contratista: Suministros Técnicos Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 422.122,97 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia