Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte técnico especializado de equipamento TIC en postos de traballo de centros administrativos na contorna de Santiago de Compostela e na Rede CeMIT da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0011), dous lotes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto deste contrato o servizo de soporte especializado do posto de traballo dixital (incluíndo ordenadores persoais, impresoras, sistemas multimedia e demais medios TIC de posto dixital) en centros administrativos na contorna de Santiago de Compostela e en centros da Rede CeMIT da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG , BOE e DOUE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 8.1.2018.

BOE: 13.1.2018.

DOUE: 3.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.544.720,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 848.240,00 € máis 178.130,40 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.026.370,40 € que se distribúen nos seguintes lotes e anualidades:

Lote 1: centros administrativos na contorna de Santiago de Compostela.

• 2018: 165.729,89 € + IVE (34.803,28 €) = 200.533,17 €.

• 2019: 259.040,00 € + IVE (54.398,40 €) = 313.438,40 €.

• 2020: 93.310,11 € + IVE (19.595,12 €) = 112.905,23 €.

Total: 518.080,00 € + IVE (108.796,80 €) = 626.876,80 €.

Lote 2: centros da Rede CeMIT.

• 2018: 105.615,70 € + IVE (22.179,30 €) = 127.795,00 €.

• 2019: 165.080,00 €+ IVE (34.666,80 €) = 199.746,80 €.

• 2020: 59.464,30 € + IVE (12.487,50 €) = 71.951,80 €.

Total: 330.160,00 € + IVE (69.333,60 €) = 399.493,60 €.

6. Formalización do contrato.

Lote 1:

a) Data de adxudicación: 9.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 11.6.2018.

c) Contratista: Balidea Consulting and Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 499.763,88 € (IVE incluído).

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 4.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 30.7.2018.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 366.775,20 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia