Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 276/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 276/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

En Santiago de Compostela o 26 de xullo de 2018.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Fernando Filgueira Pérez con Ambunova Servicios Sanitarios, S.L., e condeno esta a aboar a Fernando Filgueira Pérez a suma de 7.638,05 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 18.177,63 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 25.815,68 euros.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza