Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 130/2018).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 130/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noemí Moreira López contra Ópticas Eure, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse resolución o 10.8.2018 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ópticas Eure, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de agosto de 2018

O letrado da Administración de xustiza