Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 733/2017).

Despedimento obxectivo individual (DOI) 733 /2017

Sobre: despedimento

Demandante: Daniel Varela Parga

Avogado: José Martín Fuentes Neave

Demandados: Nacional 10 Horas, S.L., comité de empresa Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fit & Partners Recovery Spain, S.L.P.

Avogados: (...), (...), letrado de Fogasa (...)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 733/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Varela Parga contra a empresa Nacional 10 Horas S.L., comité de empresa Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fit & Partners Recovery Spain, S.L.P., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión.

Estímase a demanda formulada por Daniel Varela Parga contra Nacional 10 Horas, comité de empresa Nacional 10 Horas, S.L., administración concursal FTI & Partners Recovery Spain, S.L.P. e o Fogasa. Declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada, Nacional 10 Horas, a que lle aboe a cantidade de 35.391,66 euros en concepto de indemnización, calculada a razón de 56,44 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 26 de agosto de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 18.117,24 euros; así como a cantidade correspondente á indemnización por falta de aviso previo, por importe de 846,6 euros, e a cantidade de 372,06 en concepto de garantía de accidente, do que resultan un total de 54.727,56 euros.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nacional 10 Horas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza