Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 27 de agosto de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rosairo e O Coto a favor dos veciños de Freáns de Deva, na parroquia de Pontedeva (San Breixo), no concello de Pontedeva (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 29 de maio de 2018, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: O Rosairo e O Coto.

Superficie: 126.212 m2.

Pertenza: veciños de Freáns de Deva.

Parroquia: Pontedeva (San Breixo).

Concello: Pontedeva.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da clasificación constitúen dous coutos redondos, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesados por varios camiños, que son os constituídos polas parcelas catastrais seguintes:

Predio nº 1: Monte do Rosairo.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Pontedeva

17

137

32065A017001370000ZY

1.899 m2

136

32065A017001360000ZB

16.451 m2

138

32065A017001380000ZG

3.416 m2

139

32065A017001390000ZQ

19.718 m2

135

32065A017001350000ZA

32.012 m2

76

32065A017000760000ZG

3.708 m2

Superficie total

77.204 m2

Estremas (de todo o couto redondo).

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste).

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

16

9005 (camiño)

Gomesende

41

9003 (camiño)

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Concello

Polígono

Parcelas

Gomesende

41

666-9012 (camiño)

42

156-159-157-154-153-152-151-119-120-121-122-115-114-113-105

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

17

9003 (camiño)-75

16

9005 (camiño)

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

16

9005 (camiño)

17

9003 (camiño)-132

b) Perímetro interior (encravados).

Está atravesado polo camiño correspondente á parcela catastral nº 9003, do polígono 17 (referencia catastral: 32065A017090030000ZY).

Predio nº 2: Monte do Coto.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Pontedeva

19

1280

32065A019012800000ZZ

40.046 m2

1264

32065A019012640000ZM

1.070 m2

1263

32065A019012630000ZF

7.892 m2

Superficie total

49.008 m2

Estremas (de todo o couto redondo).

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste).

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

17

9001 (estrada Freáns-Gomesende)

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Concello

Polígono

Parcelas

Gomesende

44

620-9020 (camiño)-618-9019 (camiño)-

528-527-526-525-9005 (camiño)

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

Concello

Polígono

Parcela

Pontedeva

19

1211

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

19

9005 (camiño)-1017-1277-1276-1275-1274-1273-

1272-1026-1027-1268-1043-1042-9005 (camiño)-1096

b) Perímetro interior (encravados).

Está atravesado polo camiño correspondente á parcela catastral nº 9005, do polígono 19 (referencia catastral: 32065A019090050000ZI).

Os terreos non forman parte de ningún monte veciñal en man común, dos clasificados como tales ata a data nin en trámites de clasificación, e non están afectados por convenios ou consorcios para a xestión forestal por parte da Administración. Non afecta tampouco a terreos catalogados como montes de utilidade pública.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 27 de agosto de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense