Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de agosto de 2018 pola que se dá traslado do impreso de pagamento de multas e sancións para o seu aboamento en período voluntario, derivada do expediente sancionador SIL/69/2013-D2.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 3 de agosto de 2018, deu traslado do impreso de pagamento de multas e sancións a Marta Díaz Lorenzo.

O día 30 de novembro de 2017, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou impoñer unha cuarta multa coercitiva a Marta Díaz Lorenzo como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 28 de setembro de 2001, do 12 de decembro de 2012, do 21 de abril de 2016, do 11 de outubro de 2016 e do 13 de febreiro de 2017.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra decidiu, mediante auto número 64/2018, do 22 de maio, denegar a medida cautelar solicitada por Marta Díaz Lorenzo relativa á suspensión da Resolución do 30 de novembro de 2017 do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Este auto foi declarado firme o 1 de xuño de 2018.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do período voluntario do pagamento da dita multa a Marta Díaz Lorenzo, mediante esta cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2018

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística