Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 62/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Tomé González contra Limpiezas Secope, S.A. acordouse notificar parte dispositiva do decreto con data do 22.8.2018 ditado no procedemento ETX 62/2018 a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar ao executado Limpiezas Secope, S.A., en situación de insolvencia total por importe da cantidade pola que se despacha execución é de 4.005,01 euros de principal, máis 76,91 euros de xuros do artigo 29.3 ET, máis 5.212,12 euros de indemnización, máis 408,82 euros de xuros provisionais e 550 euros de honorarios do letrado do executante.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0062 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo «concepto» deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0062 18. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza