Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación aos propietarios do predio coa referencia catastral 32076A002002180000US.

Visto o anuncio de notificación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 24 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A002002180000US, e inscrita no catastro «en investigación», artigo 47 da Lei 33/2003, para que no prazo de 15 días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello para a realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 5 de setembro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde