Visto o anuncio de notificación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 24 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A002002730000UM, e inscrita no catastro «en investigación», artigo 47 da Lei 33/2003, para que no prazo de 15 días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello para a realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.
San Cibrao das Viñas, 5 de setembro de 2018
Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde