Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario 148/2018, interposto por Jesús Regal Vázquez contra a Resolución do 10 de abril de 2018 ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente sancionador LUG/53/2016-SA1, na cal se impón unha sanción, por infracción urbanística moi grave, na condición de arquitecto redactor do proxecto de execución da vivenda, sita no lugar de Alemparte, parroquia de Mariz, concello de Chantada, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.
Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e emprázase a Jesús Regal Fernández para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018
O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG. núm. 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística