Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de evolución, mantemento e soporte técnico especializado de diversos sistemas de xestión, dous lotes (expediente AMT-2018-0038).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de evolución funcional e tecnolóxica e mantemento de diversos sistemas de xestión interna:

Lote 1: sistema de xestión de habilitacións.

Lote 2: sistema de xestión de vehículos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 7.3.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 204.000,00 € (IVA excluído), dividido segundo os lotes:

• Lote 1: 102.000,00 €.

• Lote 2: 102.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 102.000,00 €, máis 21.420,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 123.420,00 €, dividido segundo os lotes:

• Lote 1. Orzamento de licitación 51.000,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 61.710,00 €.

• Lote 2. Orzamento de licitación 51.000,00 €, máis 10.710,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 61.710,00 €.

6. Formalización do contrato.

Lote 1:

a) Data de adxudicación: 30.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 18.7.2018.

c) Contratista: Micromedia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 54.087,00 € (IVE incluído).

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 14.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 5.7.2018.

c) Contratista: Balidea Consulting and Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 55.539,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Delegación de sinatura do 10.8.2018)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia