Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2018 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios dos portos de Corme e Santa Mariña.

A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios (DEUP) dos portos de Corme e Santa Mariña (TM de Ponteceso, A Coruña), en cumprimento do artigo 52 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para isto dispoñen do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, avda. Porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Áreas Temáticas/Planificación.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia