A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios (DEUP) dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas de Ameixida (TM de Ribeira, A Coruña), en cumprimento do artigo 52 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.
Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñen para isto do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.
As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, avenida Porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Áreas Temáticas/Planificación.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia