Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0466/2018-COP e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-PO-0466/2018-COP e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

O interesado poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 29 de agosto de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0466/2018-COP

Marisquería Simón, S.L.

B36242345

Inicio

Pepe Simón, 2, Cangas

PSC-PO-0525/2018-PPM

Adrián Mariño Viñas

35643635Y

Inicio

Avenida das Sinas, 42, Vilanova de Arousa

PSC-PO-0530/2018-PPM

Kevin Alexander Ferreira Rocha

Y0218514M

Inicio

Camiño Vello de Castilla, bloque 4, escaleira P, 1º D, Pontevedra

PSC-PO-0534/2018-PPM

Samuel Martínez Bamio

36174783S

Inicio

Avenida Balaídos, 73, 4º F, Vigo

PSC-PO-0535/2018-PRE

Mohammed Khribach

X3984225G

Inicio

Avenida de Vigo, 2, 1º A, Pontevedra

PSC-PO-0545/2018-PPM

José Luis Reiriz Pérez

52491778M

Inicio

Pazos Fontenla, 47, 2º C, Bueu

PSC-PO-0549/2018-PPM

Isolino Campos Álvarez

53115266D

Inicio

Ramorta, 63, Bueu

PSC-PO-0593/2018-COP

Ignacio Refojos López

36175025G

Inicio

Laureano Salgado, 3, 3º A, Baiona

PSC-PO-0594/2018-COP

Marco Antonio Pérez Ríos

78736424H

Inicio

José Costa Alonso, 96, Moaña

PSC-PO-0601/2018-TRA

Hermanos Otero Aldán, S.L.L.

B36409233

Inicio

Lugar San Cibrán, 10, Cangas

PSC-PO-0619/2018-PPM

Jorge Julián Oubiña Dios

35461462Q

Inicio

Avenida da Ponte, 116, 2º C, Illa de Arousa