Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2016-0161-L, devolta polo servizo de Correos.

O 2 de xullo de 2018, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria que formulou Rocío Pena Carreira representada por Cipriano Castreje Martínez.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha sucinta indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: RP-2016-0161-L.

Reclamante: Rocío Pena Carreira.

Último enderezo coñecido: rúa Enrique Mariñas, núm. 36, 7º oficina 1, Edificio Torres de Cristal na Coruña (despacho de avogados Cipriano Castreje Martínez que a representa).

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade con data do 2 de xullo de 2018 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por expediente de saúde pública.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.