O 22 de xuño de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018.
O artigo 26.2 da Resolución do 28 de maio de 2018 establecía os seguintes prazos de xustificación:
Prazos de presentación da documentación.
Ano 2018 |
Ata o 10 de outubro de 2018 |
Ano 2019 |
Ata o 10 de outubro de 2019 |
Ano 2020 |
Ata o 10 de outubro de 2020 |
Ano 2021 |
Ata o 10 de outubro de 2021 |
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Ano 2018 |
Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de setembro de 2018 |
Ano 2019 |
Desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 |
Ano 2020 |
Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 |
Ano 2021 |
Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021 |
Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivada pola complexidade das solicitudes presentadas e polo proceso de avaliación destas, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2018 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2018 establecido no artigo 26.2 da convocatoria.
En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,
RESOLVO:
Artigo único. Modificación do artigo 26.2 da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018
O artigo 26.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:
Prazos de presentación da documentación:
Ano 2018 |
Ata o 2 de novembro de 2018 |
Ano 2019 |
Ata o 10 de outubro de 2019 |
Ano 2020 |
Ata o 10 de outubro de 2020 |
Ano 2021 |
Ata o 10 de outubro de 2021 |
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Ano 2018 |
Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 31 de outubro de 2018 |
Ano 2019 |
Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 |
Ano 2020 |
Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 |
Ano 2021 |
Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021 |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación