Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40000

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de agosto de 2018 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O artigo 12 do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos, establece o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da Axencia.

O artigo 14 do referido decreto regula a composición deste Consello Reitor dispoñendo o nomeamento pola persoa titular da consellería de adscrición, de sete vogais, de acordo coa seguinte distribución:

1º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de facenda, por proposta da persoa titular desta, de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

2º. Catro persoas representantes da consellería de adscrición, de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección con competencias en propostas de denominacións de orixe e outros distintivos de calidade e industrias agroalimentarias, produción agropecuaria, produción forestal e desenvolvemento rural.

3º. Dúas persoas de entre os órganos da Axencia, con rango de xefatura de servizo, con competencias en investigación agraria e en formación agraria.

En virtude do anterior, e unha vez feitas as propostas correspondentes, cómpre facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 14 do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria ás seguintes persoas:

a) En representación da consellería competente en materia de facenda:

Luis Emilio Araújo Rodríguez, vicesecretario xeral, e a persoa que legalmente o substitúa.

b) En representación da Consellería do Medio Rural:

Titular: Tomás Fernández-Couto Juanas, director xeral de Ordenación Forestal.

Suplente: Belén Bris Marino, subdirectora xeral de Recursos Forestais.

Titular: Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Suplente: Jorge Enrique Mourelo Estella, subdirector xeral de Gandaría.

Titular: Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural.

Suplente: Francisco José Tomico Santos, subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias.

Titular: Ricardo Rivas Barros, subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Suplente: Elva González Vidal, xefa do Servizo do Control da Calidade Alimentaria.

b) En representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria:

Titular: Enrique Martínez Chamorro, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, CIFL.

Suplente: Manuel López Luaces, director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Titular: José Antonio Portos Mouriño, subdirector xeral da Área de Formación, Investigación e Promoción da Calidade Alimentaria.

Suplente: María Otero Reboiras, xefa do Servizo de Formación Agroforestal.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural