Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40004

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 30 de agosto de 2018 pola que se modifica a Orde do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual (axudas de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico).

BDNS (Identif.): 402465.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 108, do 7 de xuño de 2018, o extracto da convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

O punto primeiro do artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, permite a ampliación dos prazos non vencidos, por un tempo que non exceda a súa metade, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican os dereitos de terceiros. Tendo en conta o elevado número de persoas afectadas e para favorecer que todas elas poidan solicitar axudas, considérase procedente ampliar nun mes o prazo de presentación de solicitudes de axudas destinadas a sufragar a reparación dos danos ocasionados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, de modo que este remate o 6 de outubro de 2018.

Por todo o anterior, procede a modificación do punto quinto do extracto da convocatoria, que queda redactado da seguinte forma:

«Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de catro (4) meses, contados a partir do mesmo día da data de publicación desta orde no DOG, e rematará, en todo caso, co esgotamento da dotación orzamentaria da convocatoria, que se fará constar no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda