Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39874

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de agosto de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado Liceo La Paz, da Coruña.

A titularidade do centro privado Liceo La Paz da Coruña solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Patronaxe e moda, así como o incremento dunha unidade do ciclo formativo de grao medio (CM) Condución de actividades físico-deportivas no medio natural.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o ciclo formativo de grao superior (CS) Patronaxe e Moda, así como o incremento dunha unidade de ensinanzas autorizadas do ciclo formativo de grao medio (CM) Condución de actividades físico-deportivas no medio natural no centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

• 8 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e ciencias sociais.

• 4 unidades da modalidade de Artes: vía artes escénicas, música e danza e Vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 1 CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Coidados auxiliares de enfermaría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Emerxencias sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Sistemas microinformáticos e redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS) modalidade presencial:

• 2 CS Administración e finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Animación de actividades físicas e deportivas (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Administración de sistemas informáticos en rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación e administración sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Educación infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Transporte e loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS de Patronaxe e moda (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

c) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:

• CM Sistemas microinformáticos e redes.

• CS Administración e finanzas.

• CS Administración de sistemas informáticos en rede.

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de aplicacións web.

Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e ciencias sociais.

Segundo. Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria