Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2018 Páx. 39752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para agregación das unidades edificatorias 151104 e 151106 do PEPRI na Travesía do Miño, 6, e rúa da Tinería, 17.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 16 de agosto de 2018, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a agregación de dúas unidades edificatorias (151104 e 151106) do PEPRI, redactado pola arquitecta Luisa Serrano García e solicitado por María de la O Cabezas Fernández, en representación da entidade mercantil Pazo de Orbán, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 24 de agosto de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal