Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2018 Páx. 39751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Irixo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 144, do 25 de xuño de 2018, aparecen integramente publicadas as bases xerais e as bases específicas da convocatoria para a provisión de dúas prazas de persoal laboral fixo vacantes, mediante o sistema de concurso-oposición. No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 175, do 1 de agosto de 2018, aparece integramente publicada unha rectificación das bases específicas da citada convocatoria.

Estas prazas teñen as seguintes características:

1. Persoal laboral fixo: Categoría: peón. Escala: servizos técnicos xerais. Subescala: peón. Número de vacantes: 1. Denominación: operario de servizos.

2. Persoal laboral fixo: categoría: peón. Escala: servizos técnicos xerais. Subescala: peón. Número de vacantes: 1. Denominación: operario de servizos múltiples.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

O Irixo, 23 de agosto de 2018

Manuel Penedo Paradela
Alcalde