Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2018 Páx. 39714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018123AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

O 3 de xullo de 2018, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2018123AL-PO, incoado a Antía Pavón Reinoso, co DNI 76927224K, como titular do Pub Fetiche.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Antía Pavón Reinoso, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

No caso de estar conforme con esta resolución, de acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario será o seguinte: 1) se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte. Para isto, deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento.

Consonte o artigo 85.3 da Lei 39/2015, e do artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo), dispón dun prazo de dous meses para presentar recurso contencioso-administrativo contra esta resolución no Xulgado ou na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da dita Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 24 de xullo de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2018123AL-PO.

Denunciada: Antía Pavón Reinoso, con DNI 76927224K, como titular do Pub Fetiche.

Último enderezo coñecido: rúa Luis González Taboada núm. 22 de Lalín, Pontevedra.

Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: cento cincuenta euros (150,00 €).