Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39588

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2018 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2018 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, e en colaboración coas universidades do Sistema universitario de Galicia, convócanse as actividades de formación dirixidas ao seu persoal de administración e servizos (PAS), cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/funha fillo/a ou dun/dunha familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal.matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, se for o caso, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación.

– Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos.

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública de 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2018, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 16 de xaneiro (DOG núm. 19, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra G.

2. A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartirase proporcionalmente en función do número de efectivos de cada universidade do Sistema universitario de Galicia de acordo cos datos que figuran no Boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas de xaneiro de 2017.

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participaren en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección.

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa.

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e puntualidade.

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

d) Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

4. Faltas de asistencia nas actividades presenciais.

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

5. Seguimento das actividades de teleformación.

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade.

– A asistencia á sesión presencial, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP, xunto coas universidades do sistema universitario de Galicia, resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade
Modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

UN18006

Convenios, encargos a medios propios e encomendas de xestión na universidade

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

19.10.2018

7.11.2018

14.11.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

UN18013

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

29.10.2018

22.11.2018

27.11.2018

Proba de avaliación

19.00 horas

UN18012

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

15.10.2018

8.11.2018

14.11.2018

Proba de avaliación

16.30 horas

UN18014

Modalidades contractuais recollidas no Estatuto dos traballadores e na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

17.9.2018

16.10.2018

22.10.2018

Proba de avaliación

18.30 horas

UN18011

Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

19.9.2018

8.10.2018

19.10.2018

Proba de avaliación

18.30 horas

UN18008

Curso básico de Seguridade Social

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

24.10.20178

22.11.2018

27.11.2018

Proba de avaliación

16.30 horas

UN18016

Os contratos do sector público

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

17.9.2018

16.10.2018

19.10.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN18019

Protocolo universitario

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

8.11.2018

28.11.2018

3.12.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

UN18003

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

17.9.2018

10.10.2018

19.10.2018

Proba de avaliación

16.30 horas

UN18005

Como deseñar presentacións eficaces

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

8.11.2018

28.11.2018

3.12.2018

Proba de avaliación

19.00 horas

UN18018

Prevención e xestión de conflitos

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

29.10.2018

22.11.2018

28.11.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

UN18009

Ética profesional na Administración pública e calidade de servizo

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

29.10.2018

22.11.2018

28.11.2018

Proba de avaliación

19.00 horas

UN18010

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

27.9.2018

16.10.2018

19.10.2018

Proba de avaliación

19.30 horas

UN18017

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

50

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

31.10.2018

14.11.2018

20.11.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN18007

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

29.10.2018

22.11.2018

28.11.2018

Proba de avaliación

16.30 horas

UN18021

Xestión intelixente das redes sociais nas administracións públicas

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

31.10.2018

29.11.2018

3.12.2018

Proba de avaliación

16.30 horas

UN18020

Seguridade dixital nivel de usuario

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

18.9.2018

17.10.2018

22.10.2018

Proba de avaliación

19.30 horas

UN18023

Seguridade da información no ámbito das universidades públicas

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

24.10.2018

22.11.2018

27.11.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

UN18022

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

17.10.2018

15.11.2018

20.11.2018

Proba de avaliación

19.00 horas

UN18004

Certificado dixital

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

18.9.2018

17.10.2018

22.10.2018

Proba de avaliación

17.30 horas

Bibliotecas

UN18015

Normativa de catalogación (RDA)

25

14

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Presencial

Santiago de Compostela

22.10.2018

24.10.2018

24.10.2018

Clases presenciais

Os días 22 e 23 das 9.00 ás 14.00 horas

O día 24 das 9.00 ás 13.00 horas

Proba de avaliación

12.00 horas