Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública de aprobación da modificación de uso de terreos reservados para equipamentos (expediente 1445/2018).

O Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión ordinaria do día 28 de xuño de 2018, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o cambio de uso das parcelas identificadas coas referencia catastrais 9264402NH2196S, 9264404NH2196S e 9264405NH2196S, previstas como equipamento de centro administrativo E151 para uso de equipamento sociocultural e de servizo público.

Segundo. Modificar a inscrición dos bens que consta no inventario municipal de bens.

Terceiro. Publicar anuncio do acordo do cambio de uso no BOP de Pontevedra e no DOG para os efectos oportunos.

Cuarto. Comunicar este acordo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o Catastro e ao Rexistro da Propiedade».

Caldas de Reis, 2 de agosto de 2018

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente