Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de implantación de resonancia magnética no hospital Montecelo de Pontevedra (expediente AB-SER3-18-038).

1. Poder adxudicador: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Investimentos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

4º. Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Código NUTS: ES11.

7º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

8º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de obras.

b) Descrición: obra de implantación de resonancia magnética no hospital Montecelo de Pontevedra.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 45262700-8.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018, e na web do Sergas e plataforma de contratos de Galicia o 8 de marzo.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: oferta económica ata 100 puntos. Véxase o punto 10 da folla do prego e o punto 4.5 do PCAP.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 429.390,26 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 519.562,21 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de xullo de 2018.

b) Número de ofertas recibidas: tres.

c) Data de formalización do contrato: 13 de agosto de 2018.

d) Adxudicatario:

1º. Nome: Construcciones Orega, S.L.

2º. NIF: B32184558.

3º. Enderezo: rúa Cabana, parque empresarial O Pereiro de Aguiar, Vía Principal, 4-B 1º.

4º. Localidade e código postal: 32710 Ourense.

5º. Teléfono 988 22 35 42. Fax: 988 24 60 23.

6º. Enderezo electrónico: construcciones@orega.es

7º. É peme (segundo a normativa europea): si.

8º. Pertence a un grupo de empresas: non.

e) Importe de adxudicación. Importe neto: 376.274,68 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 455.292,36 €.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación atópanse publicados no perfil do contratante.

7. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: non.

8. Procedemento de recurso.

a) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos