Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39562

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de aprobación provisional da redución extraordinaria da liña de edificación en Vilariño Frío, no concello de Montederramo.

Faise público que a Vicepresidencia o día 13 de xuño de 2018 ditou a seguinte resolución:

Aprobación provisional da redución extraordinaria da liña de edificación en Vilariño Frío, no concello de Montederramo.

Con datas do 9 de abril de 2018 e do 25 de abril de 2018 achegáronse peticións do Concello de Montederramo e da promotora María Beatriz Varela Vilar, nas que acompañan informes técnicos do asesor municipal e director da obra, solicitando a redución de liña de edificación.

Con data do 30 de maio de 2018 redactou o informe o xefe do Servizo de Vías e Obras, tamén favorable, coa redución de liña.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Aprobar provisionalmente a redución de liña de edificación a seis metros do eixe tal e como se reflicte no PXOM en tramitación.

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, esta resolución de acordo co artigo 103 do Decreto 66/2016, polo que se aproba o Regulamento de estradas de Galicia publicándose no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do Concello de Montederramo e na páxina web desta deputación.

Ourense, 6 de agosto de 2018

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense