Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se empraza a persoa interesada a coñecer a resposta ás alegacións presentadas no trámite de información pública do procedemento ACA 2/2017.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a comparecencia no trámite de información pública non outorga, por si mesma, a condición de interesado. Non obstante, quen presente alegacións ou observacións neste trámite ten dereito a obter da Administración unha resposta razoada. Dada a indispoñibilidade dos datos de contacto da persoa que presentou alegacións no trámite de información pública do expediente ACA 2/2017, notifícase á dita persoa, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro da resposta ás súas alegacións, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, tal e como establece o artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A comparecencia realizarase na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Expediente: ACA 2/2017.

Persoa interesada: Iván Urtaza Coto.

Acto de notificación: resposta ás alegacións presentadas no trámite de información pública do expediente ACA 2/2017.