Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de exposición publica, por taxación conxunta, da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa das parcelas non incorporadas á xunta de compensación do sector II do SUNP IN-G, polígono 1.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día 1 de agosto de 2018, aprobou inicialmente polo procedemento de taxación conxunta o proxecto de expropiación forzosa das parcelas non incorporadas á xunta de compensación do sector II do SUNP IN-G, polígono 1, Concello de Lugo, cos seguintes documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa clasificación razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizadas de cada parcela.

A superficie para expropiar é de 1.894,75 m2. A valoración total ascende á cantidade de 7.619,71 €, segundo a relación de propietarios afectados que a seguir se detalla:

Parcela

Propietario

(Domicilio)

Superficie

Valoración

1

Desarrollo Comercial Urbano de Lugo XXI, S.A.

R/ Velázquez, nº 75, 28006 (Madrid)

49,69 m²

199,82 €

2

Gestielena 2.004, S.L.

Rolda da Muralla, nº 190, 27002 (Lugo)

1.001,24 m²

(31,24 % de totalidade do predio: 3.205 m2)

4.026,48 €

3

Gestielena 2.004, S.L.

Rolda da Muralla, nº 190, 27002 (Lugo)

803,00 m²

3.229,26 €

4

Vázquez Pousada, S.L.

Estrada da Coruña, nº 77, 27003 (Lugo)

40,82 m²

164,15 €

Total

1.894,75 m²

7.619,71 €

En cumprimento do disposto no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo, na oficina de Xestión Urbanística, 1º andar do edificio sito na rolda da Muralla, 197 (antigo Seminario), así como presentar as alegacións, reclamacións ou suxestións que desexen, mediante escrito dirixido á Alcaldía.

Así mesmo, publícase para os efectos de legal notificación a aqueles afectados que puidesen resultar descoñecidos, en virtude do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 13 de agosto de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312)
Ana María González Abelleira
Tenenta de alcalde delegada da Área de Goberno de Benestar Social,
Igualdade e Inclusión, en substitución do tenente de alcalde delegado
da Área de Goberno de Desenvolvemento Sostible e Persoal