Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do PE-3R.

Expediente FG número 619.

Mediante Resolución desta Alcaldía nº 3264, do 7 de agosto de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan especial do solo urbanizable PE-3R, área dotacional de Bastiagueiro (documento nº 14201, do 18 de xullo de 2018).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 14 de agosto de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente