Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de urbanización e construción de varios establecementos comerciais no polígono comercial do Vao, concello de Pontevedra, promovido por Ponteno, S.L.U. (clave 2017/0230).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, apartado 3, faise público o informe de impacto ambiental do 1 de agosto de 2018, relativo ao proxecto de urbanización e construción de varios establecementos comerciais no polígono comercial do Vao (Pontevedra), promovido por Ponteno, S.L.U.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, baixo.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático