Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de implantación dunha explotación porcina de ceba, sita no concello de Trasmiras, provincia de Ourense, promovido por Celso Gómez Valencia y Otros, S.C. (clave do expediente 2018/0065).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, apartado 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de agosto de 2018, relativo ao proxecto de implantación dunha explotación porcina de ceba, sita no lugar de Forrota no concello de Trasmiras (Ourense), promovido por Celso Gómez Valencia y Otros, S.C.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, planta baixa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático