Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2011/20-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado-Eixe, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais correspondentes segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 10 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2011/20-1.

Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.

Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado-Eixe.

Concello: Vimianzo.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

38

Descoñecida

21.9.2018

11.00

45

Descoñecida

21.9.2018

11.15

67

Descoñecida

24.9.2018

10.15

106

Descoñecida

24.9.2018

10.45

107

Descoñecida

24.9.2018

10.45

108

Descoñecida

24.9.2018

11.00

163

Descoñecida

26.9.2018

10.00

185

Descoñecida

26.9.2018

10.45

196

Descoñecida

26.9.2018

11.00

198

Descoñecida

26.9.2018

11.15

212

Descoñecida

26.9.2018

11.30