Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2018/00202 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 9 de agosto de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2018/00202

53169486H

53164533X

AC-2018/00305

AU516095

54225941Z

AC-2018/00348

53480337R

53488925X