Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39129

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de agosto de 2018 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Mediante a Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na base décimo primeira, décimo oitava e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do procedemento selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas aspirantes ao dito corpo que se relacionan no anexo da Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo).

Segundo. Nomear funcionarios en prácticas a Santiago Eduardo Pato Rodríguez, con DNI 34998685E, do corpo de mestres, especialidade de Idioma Estranxeiro: Inglés, que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril), e a Vanesa María Villar García, con DNI 47354277Z, do corpo de mestres, especialidade de Audición e Linguaxe, que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Terceiro. Conceder un novo aprazamento da fase de prácticas a Santiago José Cruz Muñoz, con DNI 44498607R, do corpo de mestres, especialidade de Primaria, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Cuarto. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2018, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Sétimo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria