Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39054

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (715/2016).

Xuízo verbal (XVB) 715/2016

Procedemento de orixe: quebra 366/2001

Sobre: outras materias

Demandante: Sindicatura de la Quiebra de Construcciones Noceda, S.L.

Procuradora: María Luisa López Vizcaíno

Avogado: Carlos Corredoira Otero

Demandados: Concello de Santiso, Construcciones Noceda, S.L.

Procurador: Joaquín José González Carrera

Avogada: María Jesús Iglesias Sánchez

Eu, María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria,

Dou fe: de que no procedemento de xuízo verbal número 715/2016, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, se ditou a sentenza cuxo encabezado e parte dispositiva desta son do teor literal seguinte:

Sentenza. Vistos por Paula Ventosa Bermúdez, xuíza de adscrición territorial adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos neste xulgado baixo o número 715/2015.

Decisión: que debo estimar e estimo a demandada interposta por María Luisa López Vizcaíno, en nome e representación de Sindicatura de la Quiebra de Construcciones Noceda, contra o Concello de Santiso e debo condenar e condeno o Concello de Santiso a aboarlle á demandante a cantidade de cincuenta e nove mil novecentos setenta e sete euros con trece céntimos de euro (50.977,13 euros).

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por María Luisa López Vizcaíno, en nome e representación de Sindicatura de la Quiebra de Construcciones Noceda contra Construcciones Noceda, S.L., e debo absolver e absolvo dela a demandada. Sen expresa condena en custas. Contra esta resolución cabe recurso de apelación. Así o acordo, mando e asino, Paula Ventosa Bermúdez, xuíza de adscrición territorial da provincia de Lugo adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Construcciones Noceda, S.L., expidese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 10 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza