Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0066-2018 DIS e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

A Coruña, 7 de agosto de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

MON-CO-0066-2018 DIS

Francisco Javier Martínez Regueira

Resolución

MON-CO-0070-2018 DIA

Antonio Bértoa Fraga

Resolución

MON-CO-0094-2018 DIA

Carmen Lago Boiturón

Resolución

MON-CO-0201-2018 DIA

Roberto Negreira García

Proposta de resolución