Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2015/164-1, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial correspondente.

A Coruña, 10 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/164-1

Entidade beneficiaria: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA)

Denominación da instalación: LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira

Concellos: Mesía e Oza-Cesuras

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Mesía

Herdeiros de Manuel García Barreiro

28.9.2018

10.30

2

Oza-Cesuras

Herdeiros de María Pardo Naveira

28.9.2018

11.30

3

Oza-Cesuras

Herdeiros de Manuel Pardo Naveira

28.9.2018

11.30

4

Oza-Cesuras

Herdeiros de Francisco Pardo Naveira

28.9.2018

11.30

5

Oza-Cesuras

Herdeiros de Francisco Pardo Naveira

28.9.2018

11.30