Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 1 de agosto de 2018 pola que se lle notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: LU 83420 conta 1.

Nome: Carmen Suárez de la Cruz con DNI *****646B e comunidade hereditaria de Ángel Real López con DNI *****350Z.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 Lei de axuizamento civil), a Carmen Suárez de la Cruz e á comunidade hereditaria de Ángel Real López da cantidade exixible resultante da liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1986 ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por Carmen Suárez de la Cruz e Ángel Real López.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.