Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 143/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 143/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jonatan Suárez Pérez contra Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Jonatan Suárez Pérez solicitou a execución da sentenza número 14/2018 de data 15 de xaneiro de 2018, ditada no procedemento DOI 774/17 fronte a Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 da CE e artigo 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que tivese coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e unha vez iniciada esta tramitarase de oficio, polo que se ditarán para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS, 138.8 da LXS, sen que conste que a empresa demandada readmitise o/os traballador/es no prazo e condicións legalmente previstos, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto en sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Jonatan Suárez Pérez fronte a Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme co solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018.

Despois de presentarse o traballador Jonatan Suárez Pérez exixindo o cumprimento por parte do empresario Aparcamiento Labacolla, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de data 6 de xullo de 2018, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 18 de setembro de 2018 ás 12.35 horas para realizar a comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza