Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 526/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 526/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elena Loureda Enríquez contra Limpintegra XXI, S.L., o Fogasa, a administración concursal de Limpintegra XXI, sobre ordinario, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Elena Loureda Enríquez contra a entidade Limpintegra XXI, S.L. e a administración concursal de Limpintegra XXI, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Limpintegra XXI, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 5.049,54 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre febreiro e abril 2017, ambos os dous incluídos, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L. e a administración concursal de Limpintegra XXI, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza