Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 477/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 477/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Leis Noya contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administrador concursal Shivshi, S.L., Fogasa, administrador concursal Confecciones Fraga, S.L., administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., Ador Concursal Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, administrador concursal Confección Ideal, S.L., administrador concursal Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María del Carmen Leis Noya contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Confección Ideal, S.L., la administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., a administración concursal de Shivshi, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores entidades a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.354,22 € brutos por salarios devindicados en xaneiro, febreiro e paga de nadal de 2016, e desde xaneiro a marzo de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María del Carmen Leis Noya fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., ás cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza