Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de policía local incluída na oferta de emprego público 2018.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 141, do 26 de xullo de 2018, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, categoría oficial, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cabanas, 26 de xullo de 2018

Germán Castrillón Permuy
Alcalde