Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO de información pública sobre a proposta de convenio urbanístico de xestión.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio, a proposta de convenio urbanístico de xestión para a execución do sistema xeral de infraestruturas de servizo SXIS-3 do sector I2 de solo urbanizable de uso industrial en Montesalgueiro, cuxo texto íntegro se pode consultar na Secretaría Xeral do Concello de Aranga ou na páxina web do Concello www.aranga.es

Aranga, 19 de xullo de 2018

Alberto Platas Álvarez
Alcalde