Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente MON-CO-191-2018 DIS e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 1 de agosto de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Denunciada

Acto de notificación

MON-CO-191-2018 DIS

María Dolores García Fariña

Iniciación

MON-CO-251-2018 DIA

María Urbana Calvo López

Iniciación

MON-CO-253-2018 DIS

María Elvira Bravo Díaz

Iniciación

MON-CO-200-2018 DIS

María Jesús Fraga Señarís

Proposta de resolución