Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña) para seren notificados por comparecencia das bases de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña) que se citan no anexo, para seren notificados das bases da reestruturación parcelaria da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro das bases de reestruturación parcelaria mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación de este anuncio.

Contra as referidas bases poderase interpor recurso de alzada, perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes.

A Coruña, 1 de agosto de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: bases da reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña).

Interesados:

Baleato Moscoso, Lorena

Baleato Moscoso, Tatiana

Baleato Nieto, Cristian José

Becerra Mallo, Sandra

Bello Villar, Mª Elena

Liñares Couselo, José Manuel

Liñares Noya, Alicia

Liñares Noya, Juan Carlos

Noya Leis, Hermosinda

Suárez Noya, Manuela

Varela Noya, Manuel