Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 27 de xuño de 2018, relativa ao proxecto do parque eólico Pico Touriñán, nos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra), promovido por Enel Green Power España, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 27 de xuño de 2018, relativa ao proxecto do parque eólico Pico Touriñán, nos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra), promovido por Enel Green Power España, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas