Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 153/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 153/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Pifarre Marcos contra Revisiones de Gas Revisol, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 265/2018 do 8 de xuño de 2018 ditada no procedemento ordinario 75/16 a favor da parte executante, Juan Ramón Pifarre Marcos, fronte a Revisiones de Gas Revisol, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 3.147,7 euros en concepto de principal (2.526,19 euros en concepto de salarios e vacacións non gozadas, 621,51 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 314,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo do seu posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Revisiones de Gas Revisol, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 3.147,7 euros en concepto de principal (2.526,19 euros en concepto de salarios e vacacións non gozadas, 621,51 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 314,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0153 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Revisiones de Gas Revisol, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Revisiones de Gas Revisol, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza