Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38197

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (894/2017).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal (desafiuzamento precario) número 894/2017 seguido por instancia de Elisa Sabin Domínguez fronte a Manuel Rodríguez Troitiño e Marina Lomba Lomba ditouse sentenza, cuxa resolución en extracto é a seguinte:

«Resolución.

Estimando integramente a demanda interposta por Elisa Sabin Domínguez fronte a Manuel Rodríguez Troitiño e Marina Lomba Lomba, debo condenar e condeno a estes a desaloxar e deixar á disposición da demandante o inmoble da súa propiedade sito na avenida de Balaídos, nº 43, piso 1º, de Vigo, baixo apercibimento de lanzamento se non o verifican.

Imponse o pagamento das custas aos demandados en forma solidaria.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os devanditos demandados, Manuel Rodríguez Troitiño e Marina Lomba Lomba, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 18 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza